Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se fai pública a notificación do acordo de inicio de expediente de perda parcial de dereito ao cobramento de axuda.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio de expediente de perda parcial de dereito ao cobramento de axuda.

Os prazos empezarán a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio. O expediente relacionado a seguir está a disposición do interesado na Consellería do Medio Rural e do Mar (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 61 63).

Nº de expediente: PE209C 2011/12.

Beneficiario: Cíes Artesanais, Sociedade Cooperativa Galega.

NIF: F36514107.

Enderezo: rúa Ave do Mar, O Rosal, 14-15, 2º A, 36950 Moaña.

Trámite: acordo de inicio e trámite de audiencia para formular alegacións.

Prazo para presentar alegacións: 15 días.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar