Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se modifica a Resolución do 21 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, da obra de construción dun centro de saúde en Buño-Malpica (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social.

No Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 24 de abril de 2014, publicouse a Resolución do 21 de abril de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario, procedemento aberto multicriterio e contratación documentalmente simplificada, da obra de construción dun centro de saúde en Buño-Malpica (A Coruña), cofinanciada ao 50 % por fondos do Estado, dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 3, servizos e benestar social. Neste mesmo día publicáronse no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas particulares desta contratación.

Advertido un erro no prego de prescricións técnicas particulares publicado, procede a publicación do prego correcto no perfil do contratante http://www.sergas.es/

Así mesmo, reiníciase o cómputo do prazo da presentación de proposicións, que terminará o vixésimo sexto (26º) día natural seguinte ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Permanece inalterado o resto dos aspectos detallados no anuncio orixinario, todo isto de conformidade co artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O que faise público para xeral coñecemento e, en especial, das empresas interesadas.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos