Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 5 de maio de 2014 Páx. 20320

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se emprazan as persoas interesadas no procedemento ordinario 57/2014 IN, seguido no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por instancia de Mª Pilar Fernández-Barja García e dúas persoas máis.

Mª Pilar Fernández-Barja García, Rosa Mª Santos Zas e Mª Dolores Brea Bahamonde interpuxeron un recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento ordinario 57/2014 IN, seguido no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1.

O recurso contencioso-administrativo diríxese contra a Resolución do 13 de decembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se publica o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de decembro de 2013, polo que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos dos laboratorios de saúde pública desta consellería, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 18 de decembro de 2013.

De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través da presente resolución notifícase a interposición do dito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de 9 días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade