Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se dá publicidade á convocatoria de asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Lamas de Figueiro, situado nas parroquias de Morcelle e Guillén, no concello de Becerreá.

De conformidade co disposto no artigo 45.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, convócanse os posibles copropietarios á asemblea para a constitución da xunta xestora do monte abertal Lamas de Figueiro, situado nas parroquias de Morcelle e Guillén, no concello de Becerreá, que terá lugar o día 30 de maio de 2014 na Casa da Cultura do concello de Becerreá ás 12.00 horas en primeira convocatoria, 12.30 horas en segunda convocatoria, e de acordo coa seguinte orde do día:

1. Aprobación de estatutos.

2. Constitución da xunta xestora.

Lugo, 15 de abril de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo