Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20034

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 15 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en varios expedientes sancionadores.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo do Departamento Territorial do Medio Rural e do Mar, sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 15 de abril de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0200/2013-VNA.

Denunciado: Sergio Munuera Martínez.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0262/2013-VNA.

Denunciada: Turismo Activo Turnauga, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0024/2014-LSA.

Denunciado: José Antonio Cacabelos Riveiro.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0046/2014-VNA.

Denunciado: José Carlos Seoane Osorno.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0073/2013-IM.

Denunciada: Vázquez Forestal, S.L.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: MON-PO-0092/2013-CSA.

Denunciada: Genyal Soluciones.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: SAN-PO-0126/2013-IA.

Denunciado: Alberto Martínez Torres.

Acto de notificación: resolución.