De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por descoñecerse o seu domicilio ou por non poder realizarse a notificación naquel, despois de dous intentos, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 10 de abril de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Acto notificado: Resolución do 10 de outubro de 2013 de modificación das bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Grixalba (Sobrado-A Coruña).
Interesados:
Concepción Morandeira Espiño
Pilar Morandeira Espiño
José Antonio Fidalgo Santamariña