Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social (RL 2010/0129-4).

Ao non ser atopado no domicilio coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a seguir, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, o fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, a copia da sentenza do Xulgado do Penal número 3 de Pontevedra, recaída no procedemento 367/2013, polo accidente laboral do traballador Gheorghe Domnita.

Os documentos que constan nos expedientes son:

• Acta de infracción.

• Xustificante da notificación (30.3.2010).

• Escrito de alegacións (19.4.2010).

• Copia da sentenza xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

• Expediente: RL 2010/0129-4.

• Acta núm. I362010000026417.

• Empresa: Forestaga, S.L.

• NIF/DNI: B-36589539.

• Enderezo: r/ Antón Losada Ríos, 28, Silleda.

Vigo, 4 de abril de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo