1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.
2º. Enderezo: rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.
3º. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.
4º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es
5º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.
d) Número de expediente: 15/2014.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: contratación do servizo de limpeza nas casas do mar de Burela e Celeiro.
c) División por lotes e número de lotes: non.
d) Lugar de execución:
Casa do mar de Burela, rúa Rosalía de Castro, s/n, 27880, Burela.
Casa do mar de Celeiro, avenida Ramón Canosa, s/n, 27863, Celeiro.
e) Prazo de execución: 1 ano desde a súa formalización.
f) Admisión de prórroga: si.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación ordinaria e procedemento aberto.
b) Criterios de adxudicación: ver prego.
4. Orzamento de licitación:
Importe neto: trinta e sete mil cento noventa euros con oito céntimos (37.190,08 €).
IVE (21 %): sete mil oitocentos nove euros con noventa e dous céntimos (7.809,92 €).
Importe total: corenta e cinco mil euros (45.000,00 €).
5. Garantías exixidas:
a) Provisional: non se exixe.
b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver prego de cláusulas administrativas.
7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.
c) Lugar: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.
8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.
9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Lugo, 1 de abril de 2014
P.D. (Orde do 19 de agosto de 2009)
Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo