Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20009

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2014/59-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector sléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS, CT A Lanzada.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 18 metros de lonxitude, con orixe e final na arqueta proxectada mediante empalmes secos que se van realizar coa LMTS derivación ao CT A Lanzada Monte, unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na Lanzada, Noalla, Sanxenxo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período, calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 31 de marzo de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Municipio: Sanxenxo; lugar: A Lanzada, Noalla; referencia catastral: 0780325NG1908S0001JJ; titulares: Alfonso Magán Conde e Mª del Carmen Carrillo López; afección: 15,5 m2 de solo para o centro de transformación.

Predio 2. Municipio: Sanxenxo; lugar: A Lanzada, Noalla; referencia catastral: 0780324NG1908S0001IJ; titulares: Alfonso Magán Conde e Mª del Carmen Carrillo López; afección: 27,69 m2 de solo para o centro de transformación.