Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 2 de maio de 2014 Páx. 20042

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 15 de abril de 2014 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico de Camariñas de concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario do porto de Camariñas para a explotación das instalacións náutico-deportivas.

O 23 de xaneiro de 2014 o Club Náutico de Camariñas presentou unha solicitude de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Camariñas para a explotación das instalacións náutico-deportivas, segundo o proxecto básico redactado polo enxeñeiro industrial Fernando García-Pintos Escuder.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia