Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19874

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica o acordo de cambio de cualificación xurídica e a ampliación do prazo para resolver o expediente sancionador mon-co-0037/2013-csa.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de cambio de cualificación xurídica e a ampliación do prazo para resolver do expediente sancionador mon-co-0037/2013-csa.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes-Servizo de Xestión Forestal, situadas na rúa San Lázaro, s/n, 1º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra este acordo non caberá recurso ningún.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: mon-co-0037/2013-csa.

Interesado: Ricardo Álvarez Rodríguez.

Acto de notificación: acordo de cambio de cualificación xurídica e ampliación do prazo para resolver.