Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19905

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de soporte e mantemento da plataforma microinformática da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (AB-EIV1-14-003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4. Teléfono: 986 21 92 37/33.

5. Telefax: 986 21 91 50.

6. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIV1-14-003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de soporte e mantemento da plataforma microinformática da estrutura organizativa de Xestión Integrada de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 50312000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Oferta económica

50

Proposta de prestación do servizo

35

Metodoloxía de traballo que se vai utilizar

15

4. Valor estimado do contrato: 225.160,00 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 112.580,00 €. IVE (21 %): 23.641,80 €. Importe total: 136.221,80 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: si, véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 26.5.2014.

b) Modalidade de presentación: véxanse pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña. Avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxanse as cláusulas 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 9.4.2014.

Vigo, 9 de abril de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012;
DOG núm. 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo