Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a procedencia de reintegro de axudas e subvencións ao programa de fomento da contratación inicial de mozos e mozas desempregados/as, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 15 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR347D 2009/99-2 e dous máis.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 31 de marzo de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2009/99-2.

Nome: Kanoura Fish, S.L.

DNI/NIF: B27342492.

Último enderezo coñecido: pto. Celeiro, peirao sur, almacén nº 17, 27863 Viveiro (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2009/128-2.

Nome: Wilmer Sofilio Marte Feliz.

DNI/NIF: 33559128N.

Último enderezo coñecido: avenida da Coruña, 101, entresollado 1, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, punto 1, da orde de convocatoria.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2009/182-2.