Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 2014 Páx. 19863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 9 de abril de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia (expediente BS103E 2013/000031-0).

O 20 de marzo de 2014 ditouse resolución de arquivamento do expediente administrativo BS103E 2013/000031-0 de permiso de inicio de actividades do Programa de axuda no fogar a Tercera Edad Servicios del Norte, pertencente á entidade Tercera Edad Servicios del Norte, S.L.

Unha vez intentada a notificación da dita resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no expediente, foi devolto polo servizo de Correos. Por tanto, de acordo co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procecemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle a resolución á interesada e fáiselle saber que unha copia dela está á súa disposición nas dependencias da Subdirección Xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais, informándoo de que contra a dita resolución, que non pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a Consellería de Traballo e Benestar, no prazo dun mes que conta a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o que se establece no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Data da resolución: 20 de marzo de 2014.

Sentido da resolución: notificación da resolución de arquivamento do expediente BS103E 2013/000031-0 de permiso de inicio de actividades do Programa de axuda no fogar a Tercera Edad Servicios del Norte, pertencente á entidade Tercera Edad Servicios del Norte, S.L.

Núm. entidade RUEPSS

Entidade

CIF/NIF

Enderezo

Representante

DNI representante

5866

Tercera Edad Servicios del Norte, S.L.

B70322730

Avenida dos Mallos, 45, baixo (A Coruña)

Marcos Lastra García

71643821V