Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19597

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO da aprobación das bases específicas e a convocatoria de prazas incluídas na oferta de emprego público 2013.

Anuncio de persoal. Proceso selectivo oficial de obras.

Por Acordo da Xunta de Goberno Local, do 24 de febreiro de 2014, aprobáronse as bases específicas e a convocatoria das seguintes prazas incluídas na OEP 2013:

Once (11) prazas de oficial de obras, escala Administración especial, subescala servizos especiais e clase persoal de oficios.

Procedemento selectivo: concurso-oposición. Promoción interna.

Data de publicación das bases no BOP da Coruña: 24.3.2014.

Prazo de presentación de instancias: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP da Coruña, cando proceda en cada caso, e no taboleiro de anuncios do concello.

Carballo, 31 de marzo de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde