Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19487

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2014 pola que se amplía a dotación orzamentaria e se modifica a distribución entre créditos orzamentarios da Resolución do 30 de decembro de 2013.

A Resolución do 30 de decembro de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro, establece as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre Pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN852A).

No seu artigo 6 establécense as aplicacións orzamentarias e os importes previstos para o financiamento das devanditas subvencións, así como a posibilidade de ampliar os créditos dedicados a esta convocatoria, logo de declaración de dispoñibilidade de crédito, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e, se é o caso, logo de aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nas aplicacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible e co fin de atender as solicitudes admitidas para participar nesta convocatoria, cómpre ampliar a dotación orzamentaria consignada inicialmente.

Así mesmo, o artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, regula a modificación da distribución entre créditos orzamentarios en subvencións convocadas, establecendo que ademais das modificacións que procedan no expediente de gasto se publicarán nos mesmos medios que a convocatoria.

Unha vez constituída a Axencia Galega de Innovación, establecida no Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro (Diario Oficial de Galicia número 19, do 27 de xaneiro), e no exercicio das facultades que me confire o artigo 17.3 deste decreto.

RESOLVO:

Artigo único.

1. Ampliar a dotación orzamentaria para a anualidade 2014 da Resolución do 30 de decembro de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 7, do 13 de xaneiro) pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Conecta peme para fomentar a cooperación público-privada a través de proxectos de investigación e desenvolvemento en cooperación entre pemes en áreas estratéxicas para a Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN852A).

O importe da ampliación, ao igual que o total dos créditos da convocatoria estará cofinanciado nun 80 % polo Feder Galicia 2007-2013, eixe 1, tema prioritario 01, actuación 3 e nun 20 % polo FC.

2. Na táboa seguinte detállanse os créditos definitivos:

Aplicación orzamentaria

Crédito inicial para a anualidade 2014

Crédito inicial total da convocatoria

Ampliación

Crédito definitivo para a anualidade 2014

Crédito definitivo total da convocatoria

08.A3.561A.770.0

5.500.000,00

8.000.000,00

3.434.756,00 

8.934.756,00

11.434.756,00

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2014

P.A. (Resolución do 1.7.2013 da Presidencia da Axencia;
DOG núm. 136, do 18 de xullo)
Benito Fernández Rodríguez
Director da Área de Xestión