Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 9 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 27/00505/04 e tres máis.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas interesadas, que se sinalan no anexo deste anuncio os acordos de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

As persoas relacionadas no anexo poden recoller o respectivo acordo no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Servizo de Explotacións Agrarias da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñecemento do dito acordo e constancia de tal coñecemento.

Segundo o artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as interesados/as
poderán presentar cantas alegacións e documentos consideren convenientes. Dispoñen para iso dun prazo de quince días, que se contarán a partir do día seguinte a aquel en que comparezan para recoller o devandito acordo ou a partir do día seguinte ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que comparezan. Se o/a beneficiario/a non presenta alegacións, o órgano competente poderá, sen máis trámite, resolver este procedemento nos mesmos termos contidos no acordo de inicio.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: expediente número 27/00505/04, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

– Interesado: Rodríguez Rodríguez, José.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Piñeiro, Santa María de Muxa, 27290 Lugo.

2. Procedemento: expediente número 27/00630/05, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

– Interesada: Explotaciones Ganaderas Roalco, S.L.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: A Madanela, 15800 Melide, A Coruña

3. Procedemento: expediente número 27/00452/06, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

– Interesada: Explotaciones Ganaderas Alprago.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Lamas de Prado, nº 141, baixo, 27004 O Corgo, Lugo.

4. Procedemento: expediente número 27/01040/06, de axudas para a mellora e modernización das estruturas de produción das explotacións agrarias.

– Interesado: Gómez Costoya, Juan José.

– Acto de notificación: acordo de inicio do procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento total da axuda.

– Último enderezo coñecido: Rambla de San Pablo, s/n, Melide 15800.