Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 2014 Páx. 19591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación da subministración sucesiva do material necesario para a determinación analítica de drogas de abuso en urina pola técnica EMIT e o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas determinacións (MS-SER1-14-021).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 26 de maio de 2014.

d) Número de expediente: MS-SER1-14-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva do material necesario para a determinación analítica de drogas de abuso en urina pola técnica EMIT e o mantemento dos equipamentos necesarios para a realización das ditas determinacións.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33696500-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Mantemento preventivo e correctivo

Sistema informático compatible

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

Número de substancias para determinar

Formación continuada

Tempos de resposta e resolución de problemas

0-15 puntos

Ata 10 puntos

Ata 5 puntos

0-85 puntos

0-40

0-10

0-15

0-20

4. Valor estimado do contrato: 628.800 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 262.000 euros. Importe total: 288.200 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: véxanse os puntos 16 e 17 da folla de especificacións do prego.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 26 de maio de 2014.

Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde. Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si; véxase o punto 26 da folla de especificacións do prego.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de abril de 2014.

12. Outras informacións: véxase o punto 27 da folla de especificacións do prego.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos