Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 2 de abril de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 14534, no sumario, onde di: «Resolución do 25 de marzo de 2014 pola que se convoca un curso de control e extinción de incendios urbanos e de interiores, cofinanciada co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do PDR de Galicia 2007-2013», debe dicir: «Resolución do 25 de marzo de 2014 pola que se convoca un curso de control e extinción de incendios urbanos e de interiores, cofinanciado co Fondo Social Europeo (FSE) no marco do programa operativo Fondo Social Europeo 2007-2013 de Galicia».