Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19394

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO relativo á segunda información pública da modificación do plan parcial do sector 10 Parque Ofimático (expediente 631/240/2011 MPP 1/11).

A Xunta de Goberno Local, en sesión realizada o 21 de marzo de 2014, adoptou o acordo de someter o documento relativo á modificación puntual do plan parcial do S-10 Parque Ofimático, de xaneiro de 2014, ao trámite de segunda información pública polo prazo dun mes.

O expediente e a documentación da modificación do plan parcial aprobada sométese a información pública (artigo 86.1 da LOUG 9/2002, do 30 de decembro), polo prazo dun mes a partir da publicación deste anuncio, para que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, presentar as alegacións que xulgue oportunas (artigo 128.4 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, RPU).

A documentación completa da modificación do plan parcial do sector 10 Parque Ofimático pode consultarse en horario laboral, de luns a venres, no Departamento de Planeamento da Área de Urbanismo (praza de Indalecio Prieto, 1-3), así como na páxina web municipal www.coruna.es urbanismo, exposición pública.

A Coruña, 24 de marzo de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo