Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19311

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2014 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas admitidas pola quenda de promoción interna á realización do primeiro exercicio (probas de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir catro prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, desta universidade.

Por Resolución reitoral do 29 de novembro de 2013 (DOG do 13 de decembro e BOE do 23 de decembro), convocáronse probas selectivas para cubrir catro prazas da categoría profesional de técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e dúas pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 3 de febreiro de 2014 (DOG do 18 de febreiro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendaren os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte ao establecido na base 4.4 da convocatoria, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na páxina web
http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Cuarto. Convocar as persoas aspirantes admitidas pola quenda de promoción interna para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (probas de lingua galega) o día 15 de maio de 2014, ás 12.30 horas, na sala de xuntas da Casa da Balconada. Rúa Nova, número 6, Santiago de Compostela.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase o primeiro deles, na Reitoría da Universidade e na páxina web http://www.usc.es/gl/goberno/xerencia/selecciondepersoal.html

Quinto. Rematada a selección pola quenda de promoción interna, as persoas aspirantes admitidas pola quenda de acceso libre serán convocadas para a realización do primeiro exercicio da primeira fase mediante resolución reitoral na cal se indicará o día, a hora e o lugar e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente citado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2014

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela