Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19396

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Asomega

ANUNCIO de licitación pública polo que se convoca a XVIII edición do Premio Novoa Santos.

Presentación.

1. A Asociación de Médicos Gallegos, Asomega, organiza o Premio Novoa Santos, convocando a XVIII edición deste.

2. Colabora con Asomega nesta convocatoria Uniteco.

– Bases do premio:

1. Poderán tomar parte neste premio persoas relevantes galegas ou directamente vinculadas a Galicia da medicina-sanidade, cuxo labor profesional ou centífico foi de repercusión nacional ou internacional e especificamente de proxección cara a Galicia.

2. As propostas dos candidatos ou candidatas deberán ser realizadas por universidades, reais academias ou colexios profesionais de medicina, farmacia ou veterinaria, sociedades científicas, hospitais, fundacións, etc., o un grupo mínimo de oito profesionais médico-sanitarios.

3. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Un resumo do currículo do candidato ou candidata en formato electrónico (PDF).

b) Unha memoria na que se aduzan os méritos do candidato ou candidata nun máximo de 5 follas (PDF).

4. O galardoado aceptará o compromiso de pronunciar unha conferencia do tema médico-sanitario, que considere foi motivo do Premio Novoa Santos.

5. Non poderán concorrer os membros da Xunta Directiva de Asomega.

6. As solicitudes e documentación, cuxo prazo límite de presentación rematará o día 20 de maio de 2014, serán dirixidas ao secretario de Asomega, r/ Santa Cruz de Marcenado, 31, 7º-22. Madrid 28015. Tel. 677 04 60 72. Correo electrónico: asomegasecretaria@gmail.com

– Premio:

l. O Premio Novoa Santos será outorgado por un xurado constituído pola Xunta Directiva de Asomega. Para tal fin, celebrarase unha reunión da Xunta Directiva e a súa decisión, ante a que non caberá reclamación nin recurso, darase a coñecer a continuación.

2. O galardón consistirá en 12.000 euros, diploma e medalla conmemorativa do Premio Novoa Santos. O premio é indivisible.

3. No mes de xuño deste ano, a Xunta Directiva de Asomega fará entrega do Premio Novoa Santos ao galardoado quen pronunciará unha conferencia do tema médico-sanitario que considere que foi o motivo de tal mérito.

Madrid, 22 de abril de 2014

Melchor Álvarez de Mon Soto
Presidente da Asociación de Médicos Gallegos