Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador IN635C 2013/148-2.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo instrutor.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, rolda da Muralla, número 70, baixo 2º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento.

Lugo, 10 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 xullo)
María Aurora Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente: IN635C 2013/148-2.

Interesada: Kuanti Business, S.L.

Último domicilio coñecido: praza Maior, 15, Lugo.

Acto notificado: proposta de resolución.