Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 2014 Páx. 19334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 3 de abril de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente XC-02338-O-2013 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre, porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 3 de abril de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-02338-O-2013

5145-HCH

Garda Civil 1504 I54077K

Transportes Carreras, S.A.

A50018837

Polígono Cogullada, r/ Jaime Ferrán, 10

50014 Zaragoza

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

28.4.2013; 20.31; N-634; 709,500

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-02585-O-2013

6163-GPT

Garda Civil 1504 H-74822-F

Transportes Carreras, S.A.

A50018837

Polígono Cogullada, r/ Jaime Ferrán, 10

50014 Zaragoza

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 9 horas). Máis de 9 horas ata 10 horas.

2.5.2013; 11.30; AP-9; 79,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

XC-02967-O-2013

5290-CHZ

Garda Civil 1504 I-71832-S

Transportes Javier García Santos, S.L.

B15853740

Regueiro Oscuro, 9, San Pedro de Nós

15176 Oleiros (A Coruña)

A realización de transportes públicos de mercadorías así como a contratación como portador ou a facturación no propio nome de servizos de transporte, carecendo da autorización, sempre que se acredite que no momento de realizalos ou contratalos, se cumprían todos os requisitos exixidos para a súa obtención e que esta se solicitara nos 15 días seguintes ao da notificación do inicio do expediente.

1.7.2013; 15.45; N-550; 80,5

Art. 142.1 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-03276-O-2013

C-4949-CG

Garda Civil 1500 C-35644-I

Almcnes Roibal, S.L.

B15038094

Pose, 21

15160 Sada (A Coruña)

O exceso igual ou superior ao 5 % e inferior ao 15 % sobre a MMA total nos vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 11 %.

17.7.2013; 17.39; AC-552; 55,5

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

351 euros