De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 1 de abril de 2014
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente |
Interesado |
Acto notificado |
Acto adoptado pola |
CON-PO-0027/2014-V |
Ferrán Vilamajo Sanvicente |
Propuesta de resolución |
Instrutora |