Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19061

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de información pública sobre a expropiación do campo de fútbol de Xermaña (Caión).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do 10 de marzo de 2014, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, para efectos da obtención de terreos afectados polo sistema xeral de equipamento deportivo incluído na acción nº SXE-5 denominada Campo de fútbol da Xermaña. Caión, segundo proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, cos documentos sinalados no artigo 143 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 21 de marzo de 2014

José Manuel López Varela
Alcalde