Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18891

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 4 de abril de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas aos investimentos en transformación e comercialización de produtos procedentes da pesca, do marisqueo e da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo de Pesca nun 75 %, e se convocan para o exercicio 2014.

Advertidos erros no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 71, do 11 de abril de 2014, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 16468, artigo 13.4, onde di: «Anexo I, de solicitude de axuda».

Debe dicir: «Anexo I, de solicitude de axuda asinado cos datos da primeira folla debidamente cubertos».

A publicación desta corrección de erros non modifica o prazo de presentación de solicitudes sinalado no artigo 12 da citada Orde do 4 de abril de 2014.