Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18847

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 6 de marzo de 2014, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2014 (ED114A).

Advertidos erros de transcrición na Resolución do 6 de marzo de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia número 48, do 11 de marzo, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 10.409, no segundo parágrafo do punto 3), onde di: «... a comisión de avaliación continuará con elas no día seguinte ...», debe dicir: «... a comisión de avaliación continuará con elas o/s día/s que determine a Comisión Central de Avaliación».

Na páxina 10.414, punto 10.1, onde di: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por dous técnicos avaliadores», debe dicir: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por un ou dous técnicos avaliadores».

Na páxina 10.414, punto 10.2, onde di: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por dous técnicos avaliadores», debe dicir: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por un ou dous técnicos avaliadores».

Na páxina 10.414, punto 10.3, onde di: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por dous técnicos avaliadores», debe dicir: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por un ou dous técnicos avaliadores».

Na páxina 10.415, punto 10.4, onde di: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por dous técnicos avaliadores», debe dicir: «Esta proba terá unha duración... e será realizada por un ou dous técnicos avaliadores».

Esta corrección de erros non modifica o prazo de presentación das solicitudes.