Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo técnico de oficina de proxecto de IANUS e receita electrónica. Contratación documentalmente simplificada (AB-SER1-14-019).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 36 35.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-019.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo técnico de oficina de proxecto de IANUS e Receita Electrónica.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: un ano desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72212000-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Metodoloxía de traballo

Plan de participación de recursos

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-50

0-30

0-20

0-50

0-50

4. Valor estimado do contrato: 206.910 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 206.910 euros. Importe total: 250.361,10 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): si, grupo V, subgrupo 2, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 6.6.2 e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: Fondo Tecnolóxico 2007-2013. Fondos Feder. Cofinanciado nun 80 % nos proxectos Innova Saúde e Hospital 2050.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2014

P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos