Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 18990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 31 de marzo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 10, do 15 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR345B 2009/112-1 e dous máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 31 de marzo de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2009/112-1.

Nome ou razón social: Anotarte, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa da Cidade do Transporte, 1, 1º, local 2, 15890 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/172-1.

Nome ou razón social: Marineda Servicios Coruña, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Nueva, 18-20, 15003 A Coruña.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR345B 2009/871-1.

Nome ou razón social: Giusseppinos, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Murillo, 24, 3º H, 15570 Narón, A Coruña.