Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 2014 Páx. 19038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 31 de marzo de 2014, da Xefatura da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do dominio público portuario do porto de Burela por parte de Talleres Cillero, S.A.L., con destino á construción e reparación de buques.

Alberto Santos Vázquez presenta escrito de solicitude dunha concesión administrativa dentro de dominio público portuario do porto de Burela con destino á construción e reparación de buques.

Faise público para os previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 31 de marzo de 2014

Antonio López Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Norte de Portos de Galicia