Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública sobre convenios urbanísticos que constan no expediente da modificación puntual número 14 do vixente plan xeral de ordenación municipal.

En cumprimento do artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, infórmase que os convenios urbanísticos asinados entre o Concello de Lalín e Román Pedreira Vilariño, María Celia Batán Gómez, María Reboredo Fraga, Diego Fernández Reboredo e Marta Fernández Reboredo con data do 14 de xaneiro de 2008, e a Promotora Sanguiña, S.L. con data do 9 de marzo de 2001, que constan na memoria do documento técnico para aprobación inicial do expediente da modificación puntual núm. 14 do PXOM de Lalín, puntos 14.1 e 14.2, respectivamente, aprobados inicialmente polo pleno da corporación na sesión do 31 de marzo de 2014, atópanse no trámite de información pública durante o prazo de dous meses contados desde o 9 de abril de 2014, data da publicación do anuncio da aprobación inicial do expediente no Diario Oficial de Galicia.

Lalín, 14 de abril de 2014

P.D.
Román Rodríguez González
Concelleiro delegado de Urbanismo