Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18780

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO polo que se fan públicos os acordos do 11 de decembro de 2013 e do 26 de febreiro de 2014, referentes á convocatoria e ás bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

Acordos da Xunta de Goberno Local, do 11 de decembro de 2013 e do 26 de febreiro de 2014, do Concello de Arteixo (A Coruña), referentes á convocatoria e as bases para a provisión de diversas prazas en propiedade.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 247, do 30 de decembro de 2013, e no número 52, do 18 de marzo de 2014, aparecen publicadas, respectivamente, as bases xerais e as bases específicas que deberán rexer a convocatoria para a provisión en propiedade das seguintes prazas de persoal laboral fixo do Concello de Arteixo, incluídas nas ofertas de emprego público do exercicio 2012 e anteriores, polo procedemento de concurso-oposición:

– Psicólogo/a: 2 prazas. Grupo A1 (categoría profesional I-licenciados, segundo convenio).

– Traballador/a social: 2 prazas. Grupo A2 (categoría profesional II-diplomados, segundo convenio).

– Orientador/a laboral: 1 praza. Grupo A2 (categoría profesional II-diplomados, segundo convenio).

Animador/a cultural: 1 praza. Grupo C1 (categoría profesional III, segundo convenio).

Monitor/a de cociña: 1 praza. Grupo C1 (categoría profesional III, segundo convenio).

As instancias en que se solicite participar no correspondente proceso selectivo presentaranse na forma prevista nas mencionadas bases no Rexistro Xeral do concello, dirixidas ao señor alcalde-presidente da Corporación, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con estas prazas publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do concello de Arteixo (A Coruña).

Arteixo, 19 de marzo de 2014

(Por delegación. Decreto 989/2011)
José María Sánchez Novo
Concelleiro de Persoal e Recursos Humanos