Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18734

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2014/11-2, 8148 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: ALVAC, S.A.

Domicilio social: pol. Sabón (parcelas 12-14-12 1), 15142 Arteixo, A Coruña.

Denominación: CT de distribución de intemperie de 160 kVA 15-20/0,4 kV sobre apoio de formigón e liña eléctrica soterrada de BT para oficinas, nave para garaxe e almacén de fundentes para a conservación das estradas do sector LU-3.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe no apoio nº 9 da LMT PAL 806 e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 22 metros en condutor tipo LA-56 mm.

– CTI sobre apoio de formigón tipo HVH11/1000 cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha relación de transformación 20.000/400-230 V.

– RBTS con orixe no CT proxectado e final no cadro de protección e medida, instalado ao lado do CTI.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 8 de abril de 2014

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
Mª A. Belén Miragaya Sánchez
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas