Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 2014 Páx. 18720

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. número 227/2013, interposto por Natalia Álvarez García.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 227/2013, interposto por Natalia Álvarez García contra a Resolución da Consellería de Facenda do 26 de xullo de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública