Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18449

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

42

Optativas

0

Prácticas externas

9

Traballo fin de máster

9

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Planificación, Xestión e Desenvolvemento de Proxectos

4

Obrigatorio

Ferramentas para a Xestión de Procesos de Deseño e Fabricación

Produto e Proceso. Industrialización

4

Obrigatorio

Sustentabilidade no Deseño de Produtos e Sistemas de Fabricación

4

Obrigatorio

Xestión de Recursos Humanos

3

Obrigatorio

Inglés Técnico

3

Obrigatorio

Simulación de Procesos e Sistemas de Fabricación

3

Obrigatorio

Procesos Avanzados de Fabricación

6

Obrigatorio

Tecnoloxías para Procesos de Deseño e Fabricación

Ferramentas CAD para Deseño Mecánico

3

Obrigatorio

Ferramentas CAD CAM para Procesos de Fabricación

3

Obrigatorio

Ferramentas CAE para Procesos de Fabricación

3

Obrigatorio

Sistemas de Medición e Control

3

Obrigatorio

Novas Estratexias de Fabricación

3

Obrigatorio

Prácticas en empresa

9

Obrigatorio

Prácticas en empresas

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Procesos de Deseño e Fabricación Mecánica, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.