Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18563

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (Var-3/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: Var-3/2014.

2. Obxecto do contrato: contratación por lotes dos seguros de responsabilidade civil, riscos patrimoniais e de automóbiles do Concello da Coruña. Duración: dous anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: anticipada. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 366.000 € anuais (incluídos todos os impostos, recargas e gravames).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es.
Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Correo electrónico:
contratacion@aytolacoruna.es. d) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 14 de abril de 2014

Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública