Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18566

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal dos Deportes de Vigo

ANUNCIO de procedemento aberto para a contratación de servizos técnicos e docentes para as piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares, e dos servizos para impartir ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios e instalacións dependentes do Instituto Municipal dos Deportes.

1. Entidade que adxudica: Organismo: Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Expediente 2230-11.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: a prestación dos servizos técnicos e docentes de monitores e profesores para impartir as ensinanzas deportivas, o servizo de socorrismo, atención e control dos usuarios, así como os de limpeza, conservación, mantemento e vixilancia nas piscinas cubertas das Travesas, Lavadores, Teis e Valadares e prestación dos servizos de profesionais técnico-docentes, monitores e profesores para impartir distintas ensinanzas e actividades deportivas nos ximnasios das instalacións municipais Berbés e As Travesas, así como o mantemento das máquinas de actividade físico-deportiva dos ximnasios.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: un ano e un ano de prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento: prezo total anual do contrato 3.259.377,00 euros, con IVE. Sendo o IVE 565.677,41 euros. Este importe descomponse en:

Unha parte fixa de 2.317.997,00 euros con IVE. Sendo o IVE 402.297,00 euros.

Unha parte variable que como máximo por hora/monitor-profesor para todas as actividades descritas nos pregos de prescricións 17,60 euros sen IVE. Sendo 941.380,00 euros con IVE e sendo o IVE 163.380,00 euros.

Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Rexistro Xeral do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo, avenida Castrelos, 1, 36210 Vigo, teléfono 986 23 74 58.
Fax: 986 23 64 88.

Páxina web Concello de Vigo: www.vigo.org

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Non.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

9. Apertura ofertas.

Entidade: a mesa de contratación do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo. Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos anuncios: pagaraos o adxudicatario ata un importe máximo de 1.000,00 euros, punto 5.A da FEC.

Vigo, 31 de marzo de 2014

José Manuel Fernández Pérez
Presidente do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo