Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Mércores, 23 de abril de 2014 Páx. 18551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato da instalación e explotación dun servizo de telefonía e televisión nos cuartos dos pacientes e cabinas telefónicas públicas dos centros hospitalarios Montecelo, Provincial e O Salnés, dependentes desta xerencia (AB-EIP1-13-018).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-13-018.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: instalación e explotación dun servizo de telefonía e televisión nos cuartos dos pacientes e cabinas telefónicas públicas dos centros hospitalarios Montecelo, Provincial e O Salnés.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 51300000-5; 51340000-7; 51312000-2.

e) Medio de publicación do anuncio da licitación: DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 12.12.2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 11 de febreiro de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 27 de febreiro de 2014.

c) Contratista: Ambar Telecomunicaciones, S.L. (CIF: B-39363387).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 30.000,00 euros, anuais.

• Importe total : 30.000,00 euros, anuais.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 24 de marzo de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés