Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18248

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 22 de xaneiro de 2010 (publicado no BOE de 26 de febreiro de 2010 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades de 9 de febreiro de 2010).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

15

Prácticas externas

0

Traballo fin de máster

15

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Novo Modelo de Dirección de Empresas Baseado na Ética nos Negocios e a Empresa Familiarmente Responsable

3

Obrigatorio

Temas Avanzados en Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente

Marketing da Responsabilidade Social Corporativa

6

Obrigatorio

Administración Integrada da Calidade Total

3

Obrigatorio

Ambiente e Innovación

6

Obrigatorio

Administración Integrada de Empresas Multinacionais e Pemes. Diferenza de Enfoques?

3

Obrigatorio

Construción Social, Desenvolvemento e Competitividade

3

Obrigatorio

Desenvolvemento Rexional Sustentable e Competitividade

3

Optativo

Sistemas de Xestión Normalizados: I+D+i, Calidade, Ambiente

3

Optativo

O Papel das Novas Tecnoloxías na Xestión Responsable da Produción

3

Optativo

Xestión da Información para a Investigación

3

Obrigatorio

Metodoloxía da Investigación
e Correntes Teóricas

Métodos Estatísticos Aplicados á Investigación en Xestión de Empresas

3

Obrigatorio

Xeración de Ideas e Elaboración e Presentación dun Proxecto de Investigación

3

Optativo

Investigación en Management: un Enfoque Interdisciplinar

3

Optativo

Correntes Teóricas

3

Optativo

Traballo fin de máster

15

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Administración Integrada de Empresas: Responsabilidade Social Corporativa, Calidade e Ambiente (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.