Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18254

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Dereito de Empresa.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 21 de febreiro de 2014 (publicado no BOE do 11 de marzo de 2014 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 28 de febreiro de 2014).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, conforme o comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito de Empresa que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Dereito de Empresa

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidade participante: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

Dereito de Sociedades e Dereito Concursal

6

Obrigatorio

Mercantil

Contratación Mercantil

6

Obrigatorio

Dereito da Competencia e da Propiedade Industrial

3

Obrigatorio

Dereito Marítimo

5

Obrigatorio

Marítimo

Contratación Laboral e Negociación Colectiva

4

Obrigatorio

Laboral

Dereito Penal de Empresa

3

Obrigatorio

Penal

Procedementos Tributarios

3

Obrigatorio

Tributario

Dereito Tributario de Empresa

9

Obrigatorio

Fiscalidade Internacional e non Residentes

3

Obrigatorio

Contratación do Sector Público

6

Obrigatorio

Administrativo

Prácticas externas

6

Obrigatorio

Prácticas externas

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Dereito de Empresa, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.