Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18347

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2014 pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes que se relacionan.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente resolución notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2014

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG107.2008.1.113

Atiochan, S.L.

Axudas a proxectos empresariais de novos emprendedores (Resolución do 12 de marzo de 2008, DOG núm. 55, do 18 de marzo)

26.2.2014

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG127.2010.3.234

Sein Europa, S.L.

Axudas á adopción de novos modelos empresariais innovadores, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 4 de abril de 2012, DOG núm. 77, do 23 de abril)

26.2.2014

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG133.2010.2.255

Perfecto Pérez, S.L.

Axudas á implantación e certificación de sistemas de xestión ambiental, sistemas integrados de calidade e ambiente, excelencia empresarial e sistemas de xestión de seguridade da información, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Resolución do 21 de maio de 2010, DOG núm. 100, do 28 de maio e Resolución do 10 de marzo de 2011, DOG núm. 63, do 30 de marzo)

26.2.2014

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG172.2011.1.221

Padel One Internacional, S.L.

Axudas á internacionalización das empresas galegas: liña márketing, comunicación, imaxe e marca (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

11.12.2013

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total