Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18367

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de convocatoria para adxudicación do contrato do servizo de axuda no fogar.

De conformidade co acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión do 27.3.2014, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente, para a adxudicación do contrato do servizo de axuda a domicilio, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de San Cibrao das Viñas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría Xeral e departamento de Servizos Sociais.

2. Domicilio: Praza da Constitución, 1.

3. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4. Teléfono: 988 38 10 34.

5. Fax: 988 38 11 01.

6. Correo electrónico: info@sancibrao.es

7. Enderezo da internet do perfil de contratante: sancibrao.sedelectronica.es

8. Data límite de obtención de documentación e información: ata a finalización do prazo de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 9/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de servizos por procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación e tramitación urxente.

b) Descrición do obxecto: servizo de axuda a domicilio.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: San Cibrao das Viñas.

1. Domicilio: Praza da Constitución, 1.

2. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

e) Prazo de execución/entrega: dous anos.

f) Admisión de prórroga: máximo dun ano.

g) CPV: 85300000-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: varios criterios de adxudicación. Os detallados na cláusula décimo quinta do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 204.069,93 €.

5. Orzamento base de licitación.

– Prestación básica e dependencia, horas realizadas os días laborables, 12,35 €/hora, IVE excluído.

– Prestación básica e dependencia, horas realizadas en sábado, domingos e festivos, 13,00 €/hora, IVE excluído.

6. Garantías exixidas.

Provisional (importe) 3 % do orzamento de licitación.

Definitiva 5 % do prezo de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo, categoría): non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se for o caso: as que se detallan no prego de cláusulas administrativas.

c) Outros requisitos específicos. Non se exixen.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 días a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP, DOG e perfil de contratante.

b) Modalidade de presentación: na forma establecida no artigo 80 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación: Concello de San Cibrao das Viñas.

1. Dependencia: Rexistro Xeral.

2. Domicilio: Praza da Constitución, 1.

3. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

4. Correo electrónico: info@sancibrao.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o procedente de conformidade co establecido no artigo 145 do texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

A mesa de contratación reunirase en acto público para a apertura do sobre B referencias técnicas (documentación relativa a cuestións relacionadas con criterios de adxudicación avaliables mediante un xuízo de valor).

1. Domicilio: Praza da Constitución, 1.

2. Localidade e código postal: San Cibrao das Viñas, 32911.

10. Gastos de publicidade.

Serán por conta do adxudicatario ata a cantidade máxima de 2.000,00 €.

11. Outras informacións.

Os pregos de condicións poderán obterse no perfil do contratante:

http: sancibrao.sedelectronica.es

San Cibrao das Viñas, 7 de abril de 2014

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde