Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos programados na escola municipal de música.

1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 15772-332.

2. Obxecto do contrato: descrición: xestión parcial, desenvolvemento e impartición de docencia para as actividades de formación musical que o Concello de Vigo programa anualmente a través da escola municipal de música de Vigo (EMMV).

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: un ano. Prórroga: si. 9 meses como máximo, fixándose como data límite de finalización da prórroga o día 31 de xullo de 2016.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 394.135,81 euros (contrato exento de IVE).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: si.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de abril de 2014

Carlos López Font
Concelleiro delegado de Economía, Facenda e Contratación