Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18341

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de abril de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador IU1/103/2012-SA1, devolto polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 14 de marzo de 2014, incoar expediente sancionador a José Manuel Barreiro Martínez polas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, no lugar de Monte Ínsua, na parroquia de Barizo, no termo municipal de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica encóntrase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderáse producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, no caso de que non tivesen por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística