Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 22 de abril de 2014 Páx. 18307

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de abril de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador E.S. 175/13, seguido a Pedragall, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (Reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o dia seguinte ao do vencemento.

A Coruña, 3 de abril de 2014

P.V. (Artigo 30.3 do Decreto 110/2013; DOG nº 140, do 24 de xullo)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial

ANEXO

Interesada: Pedragall, S.L.

NIF: B-15744170.

Expediente: E.S. 175/13.

Acto notificado: resolución do expediente sancionador.