Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18087

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1524/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1524/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dolores Barreiro Suárez contra a empresa Peletería Pepe Nieto, S.L., Peletería Senda, S.L., José Nieto Puente, Carme Hombre Porto, María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Dolores Barreiro Suárez contra Peletería Senda, S.L., Peletería Pepe Nieto, S.L., María del Carme Hombre Porto, José Nieto Puente e María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., debo condenar e condeno as demandadas Peletería Senda, S.L. e Peletería Pepe Nieto, S.L. a que lle aboen solidariamente á demandante a suma de tres mil catrocentos vinte e seis euros con noventa e cinco céntimos (3.426,95 €) en concepto de salarios, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade, con todos os efectos legais inherentes á dita declaración, e debo absolver e absolvo os demandados María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C. e María del Carme Hombre Porto e José Nieto Puente das peticións deducidas na súa contra.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Peletería Pepe Nieto, S.L., María de Carme Hombre Porto e José Nieto Puente, S.C., expido o presente edicto que se inserirá no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2014

A secretaria xudicial