De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse resolucións de recursos de reposicións pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia en aplicación do Real decreto 520/2005, do 13 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de desenvolvemento da Lei 58/2003, xeral tributaria.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince (15) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Departamento Central de Recadación da Axencia Tributaria de Galicia, con enderezo na rúa Pastoriza, 8, 4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 1 de abril de 2014
Ulpiano L. Villanueva Rodríguez
Director da Axencia Tributaria de Galicia
ANEXO
Interesado/a |
CIF |
Enderezo |
Procedemento |
Francisco José Lago Rodríguez |
32635720P |
A Igrexa, número 6 As Somozas, A Coruña |
Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo |
Juan José Rodríguez Pérez |
78782471L |
R/ Neira Mosquera, núm. 1-3º 15702 Santiago de Compostela |
Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo |
Cárnicas Albino, S.L. |
B154477634 |
Madanela, 12 15800 Melide, A Coruña |
Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo |
Fernanda Marqués Ferreira |
X5474626M |
Avda. de Vilagarcía, núm. 36, 1 B Santiago de Compostela |
Resolución recurso de reposición contra dilixencia de embargo |