Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Luns, 21 de abril de 2014 Páx. 18094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de marzo de 2014 pola que se anuncia o procedemento aberto para a contratación do servizo de desenvolvemento da campaña publicitaria O programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (o importe do obxecto de contratación está cofinanciado polo programa operativo Feder de Galicia 2007-2013, nun 80 %, no eixe 7, asistencia técnica do programa operativo Feder, tema prioritario 86).

A Consellería de Facenda anuncia o procedemento aberto para a contratación documentalmente simplificada do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria «O programa operativo Feder Galicia 2007-2013».

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA04/2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria «O programa operativo Feder Galicia 2007-2013».

c) CPV: 79.341000-6.

d) Prazo de execución: o prazo de execución do servizo obxecto desta contratación comezará o día seguinte ao da sinatura do contrato e estenderase como máximo ata o 30 de novembro de 2014.

e) Condicións especiais de execución do contrato: considerarase condición especial de execución o Plan estratéxico de medios, que debe presentar o adxudicatario no prazo de 10 días desde a sinatura do contrato. No citado plan deberán detallarse os medios nos que farán as insercións, as datas e, de ser o caso, o horario, así como o número de insercións de cada tipo e para cada soporte, respectando as especificacións previstas no PPT e os termos da oferta.

De non achegar a devandita documentación no prazo indicado, resolverase o contrato.

Unha vez aprobado expresamente o plan estratéxico de medios pola Secretaría Xeral de Medios, o adxudicatario deberá executar a campaña nos medios de comunicación. A campaña durará como máximo 1 mes e finaliza, en todo caso, antes do 30 de novembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

– Oferta técnica (non avaliable mediante aplicación de fórmulas): 50 puntos.

• Medios de Galicia y target en Galicia: 15 puntos.

• Estratexia da campaña que facilite o cumprimento dos obxectivos de comunicación e accións especiais ofertadas: 25 puntos.

• Seguimento e control da campaña: 10 puntos.

– Oferta económica (avaliable mediante aplicación de fórmulas): 50 puntos.

• Custo plan de medios xornais escritos: 18 puntos.

• Custo plan de medios radios: 14 puntos.

• Custo plan de medios internet banner gráfico en portada: 9 puntos.

• Custo plan de medios internet banner gráfico en rotación: 9 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 9.297,52 € que corresponde ao 5 % do importe do orzamento base de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, Servizo de Control Orzamentario, Contratación e Réxime Interior da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfonos: 981 54 57 14/981 54 41 40.

e) Telefax: 881 99 91 91.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20308

g) Data límite de obtención de documentos: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría B.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: segundo o establecido na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares e nas alíneas F e G da folla de especificacións.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: ata as catorce (14.00) horas do décimo quinto (15) día natural, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo coincide en domingo ou festivo, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado, na oficina do Rexistro Único e Información no Complexo Administrativo de San Caetano, 15781 Santiago de Compostela. Se as proposicións se cursan por correo, observarase o previsto na cláusula 10.1 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas: acto público.

a) Entidade e lugar: sala de xuntas da Consellería de Facenda.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, nº 3, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións faranse públicas no perfil do contratante as convocatorias das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Perfil do contratante.

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20308

Poderase consultar tamén na seguinte páxina web:

http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/perfil-do-contratante

Santiago de Compostela, 28 de marzo de 2014

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda