Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Mércores, 16 de abril de 2014 Páx. 17612

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 2014 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de outubro de 2012 (publicado no BOE do 29 de novembro de 2012 pola Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de novembro de 2012).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, de acordo co comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e conforme o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial (2ª edición) que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 17 de marzo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Políticas Comunitarias
e Cooperación Territorial (2ª edición)

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo e Minho.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo o tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

30

Optativas

18

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materias

ECTS

Carácter

Módulo

A Cooperación Territorial na Unión Europea

7.5

Obrigatorio

Troncal

Sistema Institucional da Unión Europea

7.5

Obrigatorio

Bases das Políticas de Cohesión

7.5

Obrigatorio

Bases Estruturais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal

7.5

Obrigatorio

Políticas Comunitarias de Desenvolvemento Territorial

6

Optativo

Optativo

Políticas Comunitarias de Educación, Formación e Cultura

6

Optativo

Política Marítima Europea

6

Optativo

Políticas Económicas Europeas

6

Optativo

Espazos de Liberdades e Políticas de Competencia

6

Optativo

Desenvolvemento e Globalización

6

Optativo

Políticas Comunitarias de Desenvolvemento da Estratexia Europa 2020 (I+D, PME e Medio Ambiente)

6

Optativo

Políticas de Cidadanía e Migracións en Europa

6

Optativo

Multiculturalidade e Políticas Europeas

6

Optativo

Rexionalismo na Unión Europea

6

Optativo

Elaboración de Proxectos Comunitarios de Cooperación Territorial

6

Optativo

Elaboración de Proxectos Comunitarios de I+D

6

Optativo

Xestión de Proxectos Comunitarios e Explotación de Resultados

6

Optativo

Prácticas en Empresas e/ou Institucións

6

Obrigatorio

Prácticas en empresas

Traballo Fin de Máster

6

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Políticas Comunitarias e Cooperación Territorial (2ª edición), o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.